» Engadir mensaxe no taboleiro
seminario de danza adugna |
| Autor: eva |
26/05/2008 |
| Informámosvos do SEMINARIO COA COMPAÑÍA DE DANZA ADUGNA:
Membros de Adugna, a prestixiosa compañía de danza etíope, visitan Galicia da man de Implicadas polo Desenvolvemento. Esta compañía traballa coa danza contemporánea e a danza tradicional etíope cos colectivos máis desfavorecidos de Addis Abeba (nenos/as da rúa, mulleres prostituídas) e doutras comunidades da Etiopía rural. Dende os seus inicios no ano 1996 danzan para tratar temas como o VIH/SIDA e os dereitos civís ou o xénero.
Os días 2 e 4 de xuño de 20:00 á 22:00 impartirán no Laboratorio de Movementos (Santiago de Compostela) un seminario co obxectivo de achegarnos ó seu traballo artístico e comunitario.
A matrícula é de 40 euros. Prazas limitadas. O prazo de matrícula remata o sábado 31 de maio.
Máis info e inscripcións: 659.888.709 ( de 16:00 á 18:00 horas) / laboratoriodemovementos@yahoo.es
|
12 lúas Proxecto Cultural de Arte, Internet e CC. |
| Autor: 12 lúas |
21/05/2008 |
| 12 lúas comezou a súa andaina o pasado dia 17 de Maio pola rede promovendo unha cultura de libre distribución con base nas licencias Creative Commons. Se queres participar de dito proxecto ou ter máis información http://12luas.blogspot.com Email:12luas@gmail.com |
hbjyxebiur |
| Autor: hbjyxebiur |
11/03/2008 |
| wepeno | [url=http://situke.com]taxewe[/url] | [link=http://hihane.com]nyvuco[/link] | http://vicupa.com | tohato | [http://husivy.com sipety] |
» Engadir mensaxe no taboleiro
|
Sindicación de contidos
|