Fredi

Dossier

Descrición

Alfredo Pérez Muíño estudou Educación Física especializándose en Ximnasia Artística. Logo de quince meses de estudos en Madrid (Escola de Circo Carampa) viaxou por diferentes paises para continuar a súa formación como especialista en técnicas circenses, na Escola Nacional de Circo de Río de Janeiro, Escola de Circo Criollo de Buenos Aires, Escola Nacional de Circo de Cuba e na Bont`s International Clown School en Eivissa. Ademais participou en numerosos cursos de formación tanto a nivel artístico como docente. Dende entón obtivo importantes premios tanto na súa compañía en solitario (Festiclown 2006) como nas súas colaboracións con compañías como Lusco e Fusco (TAC de Valladolid 2011) ou Elefante Elegante. Ademais, a compañía amosa o seu lado mais humano colaborando coa Fundación Teodora, co Festiclown Palestina e Pallasos en Rebeldía e coa Fundación Vicente Ferrer.

Espectáculos

Fredi

Circanelo

O teatro xestual, a danza, a acrobacia e outras disciplinas circenses, como o mimo ou o clown, combínanse á perfección para crear unha historia absurda, tola e enormemente divertida sobre un arti...