Os 7 magníficos máis 1



Descrición
Con 10 espectáculos ás costas, esta compañía de clown naceu en 2001 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e ven de celebrar o seu primeiro decenio sendo a súa compañía oficial.
En 2012 achegáronnos dous novos espectáculos: “Dous Pallasos en Mais Apuros” e “A Historia de Brancaflor”, mantendo a exitosa liña que lles levou a facer mais de 120 funcións en menos de dous anos coa súa anterior obra para público familiar.
Formada por un recoñecido grupo de novos e consolidados valores da escena galega seguen en marcha espectáculos coma "Dous pallasos en apuros", "O gordo e o calvo van ao médico" e "Mañá será outro día" polo que, coas dúas novas estreas, manteñen cinco espectáculos en cartel neste momento.
Os Sete Magníficos mais 1 veñen de adentrarse na súa última época en terreos como os contacontos, os monicreques ou a ecoloxía; mais sempre mantendo a súa identidade recuperando vellas farsas de circo clásico e reinventándoas para trasladar ao espectador as máis grandes gargalladas baixo o prisma da calidade e o bo facer teatral.
Espectáculos
Os 7 magníficos máis 1
Mañá será outro día
Un espectáculo de carácter medioambiental en torno á redución do consumo.
Trata temas como o da propia vida, as cidades, o amor e a morte, con grandes doses de ironía e cunha lingu...
Os 7 magníficos máis 1
Dous pallasos en apuros
Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de Os Sete Magníficos máis Un. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico crea...
Os 7 magníficos máis 1
O gordo e o calvo van ao médico
Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público.
O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade ...
Os 7 magníficos máis 1
Dous pallasos en máis apuros
Logo de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros...
Os 7 magníficos máis 1
A Historia de Brancaflor
As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas nas que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, as personaxes, ... Pero, sobre todo, as mello...


























