Grupo Electrógeno



Descrición
Celina Martínez Maffei e Fernando De La Torre son dous actores que a partir de 1997 combinan os seus estudios e experiencias artísticas enriquecéndoas coa idea do dúo e aprendendo novas técnicas. Desde unha simple historia de valixas e a capela crean unha Comedia Circense con música, acrobacias, ritmo e moita dinámica. Arxentina: Na súa terra natal participaron en diversos festivais e eventos, actuando en diversas cidades: Buenos Aires, La Plata, Pinamar, San Bernardo, Villa Gesell Neuquén, Río Negro, Castelli, Brandsen, Jujuy, Salta, Mercedes, Tandil, Santa Fe, Zárate, Córdoba, ... Brasil: Tamén visitaron varias cidades brasileiras, como Santa Catarina, Torres, Barra da Lagoa ou Cachoeiras España: Nos último anos, a compañía Grupo Electrógeno traballa habitualmente na península, tendo cada vez máis presenza en cidades, vilas e festivais do Estado. Cabe destacar: Madrid, Pamplona, Zaragoza, Castelldefels, Sitges, Salou, Tarragona, Vitoria, Estella, Hondarribia, Deba, Blanes, Bilbao, Valladolid, Burgos, Tárrega, Ribadesella, Medina del Campo, El Escorial, ...
Espectáculos
Grupo Electrógeno
Comedia circense
Neste divertido espectáculo, a compañía Grupo Electrógeno presenta a Palmerita (La Dama) e a Jeremías (El Director) cun espectáculo de 60 minutos onde os bailes acrobáticos e os xogos de malabar...





















