Peter Punk




Descrición
Peter Punk é o mellor pallaso galego do momento con xiras por Brasil, Arxentina, Palestina, Italia, Portugal e multitude de festivales estatais e galegos.
Participou no Festiclown 2010 e 2011, no Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro, no Festival Mueca e outros de Canarias, no festival Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, no FITEC de Getafe (Madrid), no Somriure de Pineda (Catalunya) , en varias edicións do Magiclown (Ibiza), na MITEU e no FIOT (Galicia) e infinidade de importantes festivais de circo, rúa e teatro.
Peter Punk destaca, ademais, por ser un dous poucos clowns e compañías de novo circo galegas con tres espectáculos en cartel: tres grandes mostras da capacidade desta compañía que nos amosan o porque do seu éxito e crecemento. Son espectáculos diferentes e anovadores que manteñen a pureza do humor como liña de traballo.
Isaac Rodríguez Miranda é a identidade secreta de Peter Punk, ou pode que sexa ao revés. No seu currículo formativo mestúranse cursos e obradoiros de diversas técnicas teatrais, como clown e interpretación, así como outras propias do novo circo, como acrobacias e malabares. Dentro destes cabe destacar, entre outros, os cursos realizados con Jango Edwards, Claudia Contin, Antón Valén e Iván Prado ou Capitán Maravilla (O Clown na Rúa), xunto con estancias con grandes mestres arxentinos. Pero Isaac Rodríguez é tamén, e sobre todo, un autodidacta, que foi aprendendo e evolucionando como cómico e malabarista a partir de longas sesións de ensaios e de pórse ante o público en toda clase de espazos, tanto de rúa como de interior.
CURRÍCULO DESTACADO RECENTE
Festival Mueca 2012 (Canarias), Mostra Internacional de Ourense 2012, Festiclown Vigo 2010 e 2011 (Galicia), Anjos do Picadeiro 2011 de Rio de Janeiro (Brasil), Festival Vecindario, Garachico e Malpaís (Canarias), Circe de Santa Coloma (Barcelona), Festiclown Palestina, FITEC de Getafe (Madrid), Somriure de Pineda (Catalunya) , varias edicións do Magiclown (Ibiza), MITEU, Festival Internacional de Outono (Carballo-Galicia), Umore Azoka de Leioa (Vizcaya), Fira Magica de Santa Susanna (Barcelona), Festival Internacional de Calle de Gomecello (Salamanca), Festival É-Aqui-In-Ócio de Póvoa de Varzim (Portugal) , Teatro Municipal de Vila Real (Portugal).
Próximos Espectáculos
Espectáculos
Peter Punk
Peter Punk II (A Chungatrona)
Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculo chega a súa continuación.
O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas s...
Peter Punk
Peter Punk e o neno imperdible
Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz?
¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas?
...
Peter Punk
Peter Punk I
Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter...



























