Formulario de busca



Bolboreta é o proxecto musical de Lydia Botana, no que fusiona xéneros musicais como medio de expresión para falar do mundo que nos rodea, de inxustizas e utopías desta sociedade e do optimismo co que Lydia se move polo mundo con letras en galego, castelán, italiano, inglés, francés...

Lydia Botana leva toda a vida na música: pedagoga da linguaxe e educación musical, neste seu proxecto persoal pon voz, guitarra, piano e acordeón. Foi parte do conxunto poético-punk-rap Labregos do Tempo dos Sputniks, como batería e acordeonista, e produce espectáculos didáctico-musicais para nenos como De aquí para alá (publicado como libro-disco con Edicións do Cumio). Pasou por festivais coma o Busker’s Festival Barcelona, Foundation Reggae Festival, Reperkusión, Castañazo Rock, Brincadeira... e colaborou con La Pegatina, Xurxo Souto, Gogol Bordello ou Manu Chao. A súa inspirada fusión de estilos pódese apreciar no seu LP debut Vuelo, que a levou de xira pola Península, Italia e máis alá, chegando ao Xapón.



Máis artistas do catálogo

Suso Vaamonde & Xosé Lois Romero

+ INFO

Isabel Risco

+ INFO

Pesdelán

+ INFO

Sue Moreno

+ INFO