Formulario de busca



Marinah é o nome artístico co que se presenta Marina Abad, a que foi durante dez anos cantante e principal imaxe da banda catalana Ojos De Brujo, o combo que rompeu fronteiras musicais fusionando a rumba e o flamenco con mil ritmos chegados de aquí e de aló.

Unha vez rematada aquela aventura, que durou dende 1996 ata 2013 e deixou un feixe de luminosos discos e innumerables actuacións dentro e fora das nosas fronteiras, Marinah emprendeu unha carreira en solitario, que ata o momento deu como froito dous álbumes: El baile de las horas (2013) ye Afrolailo (2017), ademais de outro longa duración compartido con Chicuelo, Sintonías (2015).

Na actualidade continúa a súa aventura sumándose á comunidade do Global Bass, onde se atopa cómoda mesturando elementos folclóricos e música de raíz co son da electrónica actual.



Máis artistas do catálogo

Mireia Miracle

+ INFO

Patty Diphusa

+ INFO

Tremenda Jauría

+ INFO

Trópico de Grelos

+ INFO