Formulario de busca

Mireia Miracle



Mireia Miracle Company é a compañía da actriz, clown, directora e pedagoga do mesmo nome. Iniciou a súa traxectoria en 2017 co seu primeiro traballo, Vermello, que en 2017 foi adaptado a sala co nome de Vermello sala.

Mireia Miracle naceu en Madrid e formouse no teatro xestual na Escuela de Mar Navarro (seguindo a pedagoxía de Jacques Lecoq) e en danza contemporánea. Tamén estudou pedagoxía teatral e teatro social xunto a Moisés Mato no Teatro de la Escucha, e ademais é directora de teatro e escritora.

Como pallasa, en 2015 tivo a oportunidade de traballar xunto ao clown Leandre Ribera en dous dos seus espectáculos: Iceberg e Idees del fred. Con Iceberg estreou en Chalons dans la Rue (Francia) e xirou por lugares como Suiza, Austria e Israel. Esta experiencia supuxo unha formación crucial en canto á aprendizaxe das técnicas do clown, o bufón e a comedia para Mireia. Actualmente, ademais de xirar con Vermello por rúas e salas, dedícase a dirixir e asesorar a artistas en procuras escénicas similares e a impartir obradoiros a diferentes grupos de persoas.

 



Máis artistas do catálogo

Saleta Fernández

+ INFO

Mercedes Peón

+ INFO

Píscore

+ INFO

Leilía

+ INFO