Formulario de busca

Saleta Fernández



Saleta Fernández é unha actriz cunha ampla traxectoria no teatro amador que, pouco a pouco, está a se abrir camiño no circuíto profesional.

Formada principalmente e durante máis de dez anos con Fran Rei, dentro da Escola de Teatro da Asociación Artística de Cuntis, tamén participou en diversos obradoiros e cursos monográficos de técnicas teatrais tales como improvisación, clown, interpretación dramática ou movemento escénico da man de Iván Prado, Antón Valén, Jesús Jara, Míriam Villalobos ou Anabel Gago, entre outros/as.

A súa primeira incursión no circuíto teatral profesional galego chegou en 2011, ao abeiro da compañía Teatro do Astracán e da súa primeira montaxe, Ladrón e Familia, dirixida por Evaristo Calvo. Posteriormente formou a súa propia compañía – Código Morsa – xunto a Alberto Torres para dar saída ás súas inquedanzas teatrais, estreando en 2014 o seu primeiro espectáculo, Supergalácticos, dirixido por Fran Rei. Igualmente, foi a presentadora das galas das Irmandades da Fala, que xiraron por Galicia en 2016, acompañada de artistas tan recoñecid@s como Caxade, Mago Teto ou Luis Iglesia. Na súa última produción, O Valo de Pallasos en Rebeldía, Saleta Fernández consolídase como unha actriz de presente e de prometedor futuro.



Máis artistas do catálogo

Viviane

+ INFO

Desastronauts

+ INFO

Circo Chosco

+ INFO

Oquestrada

+ INFO