Formulario de busca

Trópico de Grelos



Trópico de Grelos somos unha asociación cultural formada por mozos e mozas de Santiago de Compostela cunha inquedanza común: a percusión!  Levan a escola de percusión Prucupá e tamén son a entidade organizadora do Bate Batuke.

É esta unha xornada festiva na que se levan ao cabo unha serie de actividades abertas ao público de todas as idades. Concertos, obradoiros de percusión e danza, espectáculos, circo… Todo culminado cun gran pasarrúas ao día seguinte por algún dos recunchos máis emblemáticos do casco histórico compostelán. Superadas seis edicións e dez anos de historia da Asociación Trópico de Grelos, nos que se conseguiu asentar o evento como xornada de referencia na zona, seguimos co obxectivo de difundir as nosas actividades entre o público da cidade de Compostela e ao resto do territorio nacional nun evento aberto e gratuíto.



Máis artistas do catálogo

La mano jueves

+ INFO

Os Fondaos do Pífaro

+ INFO

Vânia Couto

+ INFO

Gregor Wollny

+ INFO