Cultur@ctiva 10/03/2010 
Quen somos | Proxectos | Fototeca
festiv@ais
Festiclown
Mundoclown
Galeuzca
Olladas do planeta
Terr@ctiva
Coper@ctiva

Formación
Seminario Cómico Galego
Escolactiva
Coñece o teu sexo

Ocio
Fest@ctiva Camp@ctiva Menú do Humor
Aqui a sua publicidade Accion e solidariedade
Accion e solidaridade Nunca Mais Non a Guerra

Xira de Iván Prado e Leo Bassi en Venezuela
En apoio ao artista italoamericano Leo Bassi e para coñecer de primeira man a realidade do país, que pasou en novembro de 2008 por un procedemento electoral, o director do Festiclown, Iván Prado viaxa ao cuarto festival de circo de Caracas (Venezuela).
Caravana a Chiapas 2008
Os "soyapos" xa camiñan sós en "bereldía". Hai moitos avances froito desta V Caravana solidaria de Pallasos en Rebeldía. Hai avances tanxibles e outros froito dos lazos cada vez máis estreitos entre os pallasos galegos, os pallasos zapatistas e o zapatismo, avances que reverten nos visibles. Cada volta que se fai a Chiapas a roda solidaria xira mellor.
Caravana de Pallasos 2007
Pallasos en Rebeldía ponse en marcha un ano máis rumbo a Chiapas, gracias ao Fondoclown Solidario do Festiclown Compostela 2006, para interviren directamente pola causa zapatista. A través da risa e do clown, intentarán prover ás comunidades locais de ferramentas coas que expresar a súa crítica ao goberno mexicano, mais, e por riba de todo, de instrumentos cos que sobrevivir a unha realidade hostil para os pobos indíxenas.
Caravana de Pallasos 2006
O Fondo Solidario do Festiclown 2005 posibilitou esta nova campaña de solidariedade cos municipios autónomos zapatistas. Durante as tres semanas realizaouse unha xira de actuacións e continuaron os cursos de formación para os promotores de educación nas técnicas teatrais, clown e malabares xa impartidos nas viaxes anteriores. Esta foi a contribución de Pallasos en Rebeldía, ca colaboración da compañía Os 7 Magníficos + 1, e do Festiclown á causa zapatista, movemento que desde 1994 mantén en alza a bandeira da rebeldía mundial para reclamar unha forma de organización autónoma indíxena.
Caravana de Pallasos 2005
A solidariedade galega viaxou a Chiapas novamente en forma de risos e teatro, pero tamén de material para as escolas zapatistas e medicinas para as clínicas de saúde. Durante tres semanas os "pallasos de Galicia", como son chamados na selva indígena, viaxaron financiados polo Fondo Solidario do Festiclown Compostela 2004 ás Comunidades en Rebeldía cunha versión zapatista de obras da compañía Os 7 Magníficos + 1 e impartiron formación clown e de educación pupular para compas zapatistas.
Caravana de Pallasos 2004
Despois da viaxe solidaria a Chiapas que realizamos desde o 17 de setembro ao 5 de outubro, desde Coper@ctiva Cultural estamos a organizar e promover unha nova campaña de apoio aos Municipios Zapatistas de Chiapas.
Caravana de Pallasos 2003
Esta xira levou aos membros do grupo que viaxou a Chiapas á comunidade Zapatista de Roberto Barrios onde se manterán encontros e xuntanzas con representantes do Caracol coñecido como "Caracol que habla para todos"
» máis
Caravana de Pallasos 2002
Durante 5 días o equipo de Coper@ctiva Cultural percorreu o Norte de Italia e a propia Suíza, nunha xira de presentación do Festiclown que organizaban os "Centros Sociais" de Lugano, Brescia, Milano e Bérgamo.
Caravana de Paz a Palestina
Desde a organización do Festiclown entendemos que a cultura ademais de ser participativa, comunitaria e creativa debe ser tamén solidaria a través da colaboración con outras comunidades do mundo.
Este ano, boa parte dos beneficios recadados no Festival e na xira de presentación irán destinados a oganizar unha caravana de pallasos pola Paz en Palestina..
Especial Leo Bassi
Entrevista especial a Leo Bassi con motivo da Xira-clown de Denuncia que Leo Bassi, en colaboración co FestiClown, e varias organizacións máis, realizou por Galicia nos primeiros días de Marzo de 2003, como denuncia por todo o sucedido tralo afundimento do Prestige.
Galego | Castelan
Inicio
Novas
Axenda
Campañas
Ligazóns/
Directorios
Exposicións


Oficina de distribución teatral


¿E tí que pensas?
Envíanos as túas suxerencias para mellorar o portal



Sindicación de contidos
RSS - sindicación de contidos


Coper@tiva Coper@ctiva Cultural
981 58 28 36 - info@culturactiva.org - Nota Legal