Cultur@ctiva 29/07/2010 
Quen somos | Proxectos | Fototeca
festiv@ais
Festiclown
Mundoclown
Galeuzca
Olladas do planeta
Terr@ctiva
Coper@ctiva

Formación
Seminario Cómico Galego
Escolactiva
Coñece o teu sexo

Ocio
Fest@ctiva Camp@ctiva Menú do Humor
Aqui a sua publicidade Accion e solidariedade
Accion e solidaridade Nunca Mais Non a Guerra

Novas

Dez mil persoas maniféstanse en Santiago no 'Día da Dignidade' tres anos despois do afundimento do Prestige
Preto de 10.000 persoas, segundo a plataforma Nunca Máis, manifestáronse onte en Santiago para conmemorar o terceiro aniversario da maior catástrofe marítima que sufriu España e reclamar "dignidade" e un compromiso "claro e inequívoco" do novo goberno para superar as secuelas da desfeita do Prestige.

"Os medios cos que contamos logo de case un milleiro de días dificilmente serían eficaces para paliar unha marea negra". Así o advertía o poeta Rafa Villar, voceiro este domingo da Plataforma Nunca Máis. Á súa beira, a marisqueira Carme Fontoira afirmaba que "seguimos coma estabamos e preténdese mercar as conciencias da xente do mar con apenas migallas". A reivindicación de plans de coordinación que inclúan a utilización de barreiras marítimas para o petróleo en caso de accidente, proxectos de rexeneración de praias e caladoiros... Ademais das peticións concretas, a marcha serviu tamén para homenaxear á xente do mar e aos voluntarios que se esforzaron no seu día na limpeza das toneladas de fuel que chegaron ás costas. O voceiro parlamentario do PSdeG, Ismael Rego, e o vicepresidente Anxo Quintana, foron representantes principais do bipartito nesta cita. Quintana avanzou que a Xunta vaille pedir ao goberno español o traspaso de competencias sobre seguridade marítima.
« Volver


Galego | Castelan
Inicio
Novas
Axenda
Campañas
Ligazóns/
Directorios
Exposicións


Oficina de distribución teatral


¿E tí que pensas?
Envíanos as túas suxerencias para mellorar o portal



Sindicación de contidos
RSS - sindicación de contidos


Coper@tiva Coper@ctiva Cultural
981 58 28 36 - info@culturactiva.org - Nota Legal