|
|
|
EXPULSADO DE ISRAEL IVÁN PRADO, DIRECTOR DO FESTICLOWN, UN DOS FESTIVAIS DE CLOWN MÁIS IMPORTANTES DE EUROPA
|
O director do Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), con dez edicións ás súas costas, viaxou ao país hebreo para proseguir coas xestións do FestiClown Palestina 2010, O Primeiro Festival de Clown que terá lugar en Palestina en outubro deste ano. Esta expulsión inxustificada mostra a vontade das autoridades israelís por paralizar o proxecto.
O clown Iván Prado, director de Festiclown e do colectivo Pallasos en Rebeldía, foi expulsado de Israel polas autoridades do país, que non proporcionaron ao artista galego ningún tipo de explicación. Prado chegou onte, luns 26 de abril, ao aeroporto de Ben Gurion coa finalidade de desprazarse ata os territorios palestinos e proseguir coas tarefas de preparación do FestiClown Palestina 2010, o que será o 1º Festival Internacional de Clown que se celebrará en Cisxordania a finais de outubro e do que é un dos seus principais artífices.
Xunto con Iván Prado viaxaba tamén Laila T, cidadá española que tamén foi encarcerada e expulsada de Israel, sen ningún tipo de xustificación nin explicación. Tras máis de 6 horas de intensos interrogatorios, Iván Prado e Laila T, son expulsados do aeroporto e conducidos a un centro de detención a inmigrantes onde pasaron a noite en celas illados e separados.
Cinco horas máis tarde, e sen pasaportes, obríganos a entrar nun avión que os trae de volta ao aeroporto de Barallas, onde chegaron ao longo desta mañá (27 de abril).
Esta actitude é unha nova proba da total impunidade do goberno israelí á hora de privar ao pobo palestino dos seus dereitos e liberdades. Neste caso, a expulsión do director do Festiclown, Iván Prado, obedece ao desexo de boicotear a materialización do proxecto Festiclown Palestina 2010, previsto entre o 25 e o 31 de outubro deste ano e que incluirá actuacións, visitas a campamentos de refuxiados, accións artísticas contra o muro, talleres, galas e encontros. Destacadas figuras do panorama artístico internacional apoian o proxecto: entre eles destacan, Leo Bassi e Amparanoia, así como numerosos artístas do mundo do circo e do clown como: Elliot (Bélxica) e Alba Sarraute (Cataluña) ou o mago Jorge Blas (Madrid) quen confirmaron a súa participación no festival, por citar algúns.
Iván Prado (Lugo, 1974) é o artífice deste proxecto, concibido tras a última caravana de Pallasos en Rebeldía ás cidades de Ramala e Nablús en 2009. No transcurso da mesma, o grupo desenvolveu talleres de clown e risoterapia dos que se beneficiaron ao redor dun milleiro de persoas, principalmente nenos, adolescentes e mulleres maltratadas.
Prado, que foi director de diversos festivais de clown, atesoura unha dilatada experiencia como profesor e fundador ou cofundador de varias compañías de teatro. O director do Festiclown e do colectivo Pallasos en Rebeldía aterrou en Israel tras o seu recente paso por Baleares, Valencia, Murcia e Tenerife onde desenvolveu actividades divulgativas sobre o proxecto co fin de solicitar fondos e apoio para a súa materialización.
Para máis información: Manuel (Pallasos en Rebeldía): 981 582 836
Para profundar sobre o proxecto Festiclown Palestina 2010:
|
| « Volver |
|
Sindicación de contidos
|