Formulario de búsqueda

NOTICIAS

Estrea mundial de "Payaseando la existencia: El show".

Iván Prado presenta o seu primeiro espectáculo en solitario.

Os próximos días 10 e 11 de setembro ás 22h, na Posada del Rosario (Albacete), presentarase Payaseando la existencia "El Show", de Iván Prado e dirixido por Ángel Monteagudo.

Payaseando la existencia "El Show" é unha viaxe polo iniverso do pallaso e a pallasa na cal o público crea o espectáculo. Unha obra interactiva para coñecer o clown dende dentro. Tal e como explica Iván Prado, actor e autor da obra, "Non é unha obra de teatro porque o protagonista é o público. Non é un curso porque nadie vai a ensinar nada. Non é un tallero porque nada hai que reparar e non é clown mais tampouco é un monólogo. Non é unha charla pero tampouco un curso. Rir, chorar, bailar, abrazarse... todo está permitido nesta experiencia".

"El Show" nace a partir do curso de clown "Payaseando la existencia" impartido polo propio Iván Prado co que recorreu tres continentes, levando o curso a 20 países  e recaudando fondos para o colectivo internacional "Pallasos en Rebeldía".

Iván Prado leva 25 anos actuando e dirixindo teatro, circo e clown por medio mundo. É o director de varias compañías de clown e do Festiclown, o único festival de pallasos que se realiza en 5 países. Fundou Pallasos en Rebeldía, un dos maiores expoñentes actuais do circo solidario a nivel internacional. Nos últimos 15 anos os seus proxectos superaron un revulsivo sen precedentes apra territorios en conflicto: dende as Favelas de Brasil, ata Campamentos de refuxiados no Sáhara, pasano polas Comunidades Indíxenas en Chiapas, os Campos de refuxiados de Palestina...

En canto ao veterando director do espectáculo, Ángel Monteagudo, é profesor de Teatro na Universidade Popular de Albacete e desenvolveu o seu traballo como actor e director de escena nas compañías Cómicos e Eureka Teatro, realizando colaboracións con outros grupos como L'Épée de Bois de París. Tamén foi colaborador directo na recuperación do espazo de La Posada del Rosario onde terá lugar a representación de Payaseando la existencia: El show.

Acerca do espectáculo cóntanos que "Iván Prado da a coñecer ao público a esencia da súa vida como pallaso. Está baseado nos cursos que foi impartindo ao longo de moitos anos. O público descubrirá os aspectos esenciais da arte dos pallasos e das pallasas. Un público ao que non deixará descansas nin un momento na súa butaca. Faráo bailar, cantar, abrazarse, rirse de sí mesmo, chorar, xogar a ser un pallaso, disfrutar do seu propio ridículo... En definitiva, buscar a libertade de ser idiota."

Todos os beneficios de Payaseando la existencia: El Show irán destinados ao colectivo Pallasos en Rebeldía. A idade mínima recomendada é de 13 anos e as entradas estarán á venda no Auditorio Municipal, dende o 28 de agosto ata a data da montaxe que se poderán adquirir directamente na mesma Posada del Rosario.

PRÓXIMAS ACTUACIÓNES

Fazulas e o ladrón de Paraugas

A Coruña

28-03-2024

17:00


As Alumnas

A Coruña

30-03-2024

20:00


Puro inferno

Tui

30-03-2024

22:00


Via Morta

Vilalba

31-03-2024

Horario pendente de confirmación


Dúo Vaguedades

A Coruña

04-04-2024

18:30


Galifunk

Ponferrada

05-04-2024

19:30


Molto Barroco

Vigo

06-04-2024

17:30




MÁS NOTICIAS EN CULTURACTIVA.ORG