Os 7 magníficos máis 1
A Historia de Brancaflor





Ficha artística
Dirixido por Iván Prado
Creado por Avelino González e Fran Rei
Elenco: Fran Rei
Xénero: animación á lectura
Clasificación: público infantil e familiar Duración: 55 minutos
Descrición
As mellores historias son sempre as que están sen escribir, sen ler, sen contar. Aquelas nas que aínda está por crear o final, o inicio, a trama, as personaxes, ... Pero, sobre todo, as mellores historias son as que poden saír do maxín dos nenos e nenas.
Un espectáculo a medio camiño entre a maxia e o contacontos dirixido polo Premio María Casares Avelino González. A través da maxia e do clown contase a lenda de Brancaflor. Os 11 pretendentes de Brancaflor asócianse con cadanseu xogo de maxia e ela terá que seleccionar o seu namorado ao longo dunha hora de maxia, contos e humor para grandes e pequenos.
Os Sete Magníficos máis Un propoñen nesta ocasión un espectáculo de animación á lectura dun xeito distinto: a partir de sinxelos xogos de maxia, do clown, da participación do público e da marabillosa tradición narrativa galega.
A partir de textos de autores e autoras galegos/as; adaptados polo recoñecido actor, director e dramaturgo Avelino González; o noso protagonista intentará resolver a través de rutinas máxicas e da cooperación co público todos os impedimentos e probas que se lle presentan a Brancaflor durante a trama da historia.
Pode interesarche tamén ...
Os 7 magníficos máis 1
Mañá será outro día
Un espectáculo de carácter medioambiental en torno á redución do consumo.
Trata temas como o da propia vida, as cidades, o amor e a morte, con grandes doses de ironía e cunha linguaxe cotiá e coloquial para que poida chegar sen di...
Os 7 magníficos máis 1
Dous pallasos en apuros
Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de Os Sete Magníficos máis Un. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a ...
Os 7 magníficos máis 1
O gordo e o calvo van ao médico
Unha aloucada serie de situacións e personaxes en grao sumo ridículos e divertidos en busca da gargallada do público.
O Gordo e o Calvo Van ao médico é romper co mito da seriedade do medicamento, co academicismo dos doutores e das...
Os 7 magníficos máis 1
Dous pallasos en máis apuros
Logo de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.
Creado polo director e dramaturgo argen...






















