Cé Orquestra Pantasma
Home Orquestra



Ficha artística
Elenco: César Freiría
Técnica teatral: animación musical
Duración: variable
Público: para todos os públicos
Descrición
Apoiándose na recuperación da figura do Home Orquestra, Cé Orquestra Pantasma convértese na fórmula perfecta para escapar do mundo por uns intres, deixándose levar, entregándose por completo á festa, porque iso é o que son os seus espectáculos, unha gran festa chea de forza, ritmo e fantasía na que o público deixa de ser espectador para converterse en protagonista.
Animación musical: O clásico home orquestra na súa versión para os máis pequenos, con divertidas melodías e cantigas infantís para que participen xogando, cantando e bailando todo o que lles pete…ata caer de cú!
Festas e romarías populares: Un repertorio cheo de cancións populares tanto de tradición oral como das gravacións sonoras, alternando con temas propios: a festa está garantida queiras ou non queiras!
Música nas rúas e prazas: Enche a túa vila de vida musical en plena rúa, nunha conexión directa cos veciños. Que todos disfruten do home orquestra.
Festivais: Música a pé de barra entre grupo e grupo para que non pare a festa, cun repertorio elixido dependendo do tipo de festival, incluíndo sempre temas propios. Levarás o ritmo no Corpo toda a noite.
Festas de época: Poderás ver ó marabilloso home orquestra debidamente caracterizado facendo fermosos e divertidos pasarrúas e animando ás prazas en festas de época tipo medievais, reconquista de Vigo… Como para non perdelo!
Locais concertos: Poemas musicais de poetas galegos, temas propios e unha chea de orixinais versións co ritmo axeitado para que o teu corpo non pare: déixate levar!!
Música para os nosos maiores: Os grandes clásicos nunca morren, darlles un repasiño sempre será unha boa escusa para facer unha festa ben acompañados, cantando bailando ou como queiras!
Home karaoke: Colle o libriño, escolle a peza e escacha a gorxa cantando ó teu ritmo acompañado/a polo home orquestra, botémoslle unha cantiga.
Próximos Espectáculos
Pode interesarche tamén ...
Peter Punk
Peter Punk e o neno imperdible
Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz?
¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas?
¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de qu...
Peter Punk
Peter Punk II (A Chungatrona)
Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculo chega a súa continuación.
O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve...
Peter Punk
Peter Punk I
Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun h...
Circo chosco
Chosco!
Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que personas!!!
Realizarán un espectáculo cheo de trampas, golpes, maxia, fracasos, éxitos, bágoas e risas...sobretodo risas e moito Circo!
Chosco é un es...


























