Peter Punk
Peter Punk e o neno imperdible



Ficha artística
Elenco: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk) e Brais Gutiérrez (Brais das Hortas)
Escenografía: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk) e Brais Gutiérrez (Brais das Hortas).
Técnica Teatral: Teatro de rúa e clown con música en directo.
Duración: 60 minutos.
Público: Todos os públicos.
Descrición
Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz?
¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas?
¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días ?
Asústase..., e volve ser un pallaso.
Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctrica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!! Un salto ao baleiro en miniciclo e a Chungatrona: unha máquina de rebeldía pallasa.
Eses son só algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas. Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e a súa novidade é un grande traballo de dirección, así como una orixinal escenografía. Un espectáculo que, a pesar da altura do listón,supera as anteriores propostas escénicas de Peter Punk: artista novo, máis con ampla e recoñecida traxectoria dentro e fóra do país.
Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación consigo mesmos, entre eles e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidaredade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.Unha marca da compañía Peter Punk tan recoñecible como o seu humor gamberro e as risas que inundan as súas actuacións.
Próximos Espectáculos
Pode interesarche tamén ...
Peter Punk
Peter Punk II (A Chungatrona)
Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculo chega a súa continuación.
O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve...
Peter Punk
Peter Punk I
Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun h...
Capitán Maravilla
Mono A mono B
Mono A Mono B é un espectáculo indescriptible, que tén como protagonistas a dous monos e aos seus “sketchs” persoais e que de seguro impactará en todo o público.
Todo comeza cando un coche “Mini” entr...
Culturactiva
Pistactiva
A Gala de Circo na Rúa PIST@CTIVA, de mediano formato, está formada pola combinación de dúas compañías nun espectáculo para todos os públicos, de 90 minutos de duración, co humor como elemento de conexión.
A estructura de PIST@CTIVA...




























