Peter Punk
Peter Punk I



Ficha artística
Elenco: Isaac Rodríguez
Técnica teatral: Malabares, globoflexia e humor
Duración do espectáculo: 60 minutos
Público: para todos os públicos
Descrición
Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia.
Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos de referencia, cun humor gamberro e fresco sen igual.
Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfórmase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público.
"Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do "máis difícil aínda" dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor... Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.
Próximos Espectáculos
Pode interesarche tamén ...
Peter Punk
Peter Punk II (A Chungatrona)
Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculo chega a súa continuación.
O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve...
Peter Punk
Peter Punk e o neno imperdible
Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz?
¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas?
¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de qu...
Circo chosco
Chosco!
Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que personas!!!
Realizarán un espectáculo cheo de trampas, golpes, maxia, fracasos, éxitos, bágoas e risas...sobretodo risas e moito Circo!
Chosco é un es...
Roi Sixto
Roi, o cagabolas
No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxinaria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malabares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos. A...

























