


Asociación Cultural Amig@s do Clown
|
INFO IMPORTANTE ESPAZOS CURSOS FORMACLOWN 2010 |
ALOXAMENTO
1. Informamosvos de que todas aquelas persoas que solicitaron o aloxamento están admitidas. No obstante recordámosvos a aqueles que aínda non o fixeron que deben solicitalo a través do formulario.
PINCHA AQUÍ PARA ACCEDER AO DOCUMENTO DE INSCRICIÓN
As facilidades que brinda a organización son:
2. Pavillón con servizo de ducha e WC en Pavillón polideportivo do Berbés, situado na Rúa Gaiteiro Ricardo Portela, 1. 36202. Vigo. Pontevedra.
PINCHA AQUÍ PARA VER O MAPA E UBICARTE
3. En ningún caso se facilitarán colchóns, mantas ou outro tipo de material ás persoas aloxadas.
FORMACLOWN
1. A recepción dos diferentes cursos realizarase media hora antes do inicio de cada curso para acompañar ao alumnado ás instalacións onde se impartirán os mesmos. Estes son:
Curso A: O Clown e a súa expresión (Michel Dallaire)
Recepción: Venres día 30 de xullo ás 11.00 h
Conservatorio Superior de Música de Vigo- Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 - Vigo
Curso B: Iniciación ao Clown (Antón Valén)
Recepción: Venres día 30 de xullo ás 15.30h
Centro Cívico Casco Vello-Calle Oliva 12, 36202 - Vigo. Pontevedra
Curso C: Clown para Mulleres (Darina Robles)
Recepción: Luns día 26 de xullo ás 15.30h
Conservatorio Superior de Música de Vigo - Rúa de Manuel Olivie, 23. 36203 - Vigo, Pontevedra
Curso D: Curso de Zancos e Comicidade (Jose C. Illanes)
Recepción: Luns día 26 de xullo ás 09.30 h
Entrada do Auditorio do Concello, Plaza do Rei n º1. 36202 - Vigo, Pontevedra
Curso E: Teatro Xestual (Elliot)
Recepción: Luns día 26 de xullo ás 09.30 h
Conservatorio Superior de Música de Vigo - Calle de Manuel Olivie, 23. 36203 - Vigo, Pontevedra
Curso F: Pallaseando a Existencia (Iván Prado)
Recepción: Luns día 26 de xullo ás 15.30 h
Conservatorio Superior de Música de Vigo - Rúa de Manuel Olivie, 23. 36203 - Vigo, Pontevedra
Curso H: O corpo da Risa (Jos Houben)
Recepción: Sábado día 31 de xullo ás 09.30 h
Conservatorio Superior de Música de Vigo - Rúa de Manuel Olivie, 23. 36203 - Vigo, Pontevedra
Curso I) Clown para Profesionais, Antón Valén
Recepción: Mércores día 28 de xullo ás 09.30 h
Conservatorio Superior de Música de Vigo- Rúa de Manuel Olivie, 23. 36203 - Vigo, Pontevedra
Curso L: Iniciación ao Clown (Antón Valén)
Recepción: Luns día 26 de xullo ás 09.00h
Centro Cívico Casco Vello-Calle Oliva 12, 36202 - Vigo. Pontevedra
2. Por respecto tanto ao profesorado como ao alumnado, é imprescindible a puntualidade en todas e cada unha das sesións dos cursos. Neste sentido a organización reserva para si o dereito de non permitir o acceso do alumno unha vez iniciado este, a condición de que así o indique o mestre/a.
3. Para asistir aos cursos recoméndase ir provistos de roupa e calzado cómodo, así como dos correspondentes xustificantes de ingreso.
4. Os alumnos do Formaclown terán entrada gratuita al espectáculo de Patricia Pardo Comissura, que tendrá lugar en el Auditorio do Concello de Vigo el marte 27 de julio a las 00.00 h. Para os demais espectáculos, recordarvos que xa existe servizo de venda anticipada, como xa vos indicamos nun mail anterior, también podeis informaros en www.festiclown.org
Esto es todo polo momento, vémonos pronto para disfrutar xuntos do Festiclown 2010!!!
|
|
|
NOVO CURSO FORMACLOWN 2010 |
| Debido á gran demanda e éxito que os cursos do Formaclown están a ter este ano, decidimos presentarvos unha nova edición do curso Iniciación ao Clown de Antón Valén. Xa que que este será
o terceiro curso impartido polo profesor nesta edición do Festiclown, o nivel do mesmo será variable, chegando sempre a un acordo común e beneficioso para tod@s @s participantes.
PARA VER TODA A INFORMACIÓN DO CURSO PINCHA AQUÍ OU VISITA O APARTADO FORMACLOWN |
|
|
CURSOS FORMACLOWN 2010 |
|
PARA VER OU DESCARGAR A INFO COMPLETA DO FORMACLOWN 2010, PINCHA AQUÍ

A) O CLOWN E A SUA EXPRESIÓN (Para Profesionais), impartido por Michel Dallaire (Canadá)
Datas: 30 e 31 xullo e 1 de agosto de 2010
Duración: 19,5 horas
Horario: De 11.30 a 14.00 h. e de 16.00 a 20.00 h.
Alumnado: máximo 14
Ointes: non admite
Prezo: 130 euros
Idioma: Francés (con tradutor/a)
Michel Dallaire comeza a tomar clases de teatro durante o ensino medio en Quebec e a actuar dende moi novo. Rapidamente, opta por concentrar os seus traballos coma clown. Actúa en varias compañías en Quebec (Le Cirque du Soleil, La Bebel, La Ratatouille) móvese en Francia, onde, segue actuando na súa empresa Contre Pour ("Les Homme en Noir", "Mon Grand Frère", The London Philharmonic Circus "). Tamén realiza a dirección de moitas compañías (Archaos, Ghosh, Los Galindos, Le Cabaret Sauvage, Okupa Mobil, Les Arrosès, etc.). Desde 1990, ensina Clown en Le Hangar des Mines e en toda Europa, onde imparte seminarios.
O obxectivo deste curso será desenvolver e dominar a arte da escoita a un/ha mesmo/a, aos/ás compañeiros/as e ao público nun contexto.
Os contidos pedagóxicos dividiranse en 3 partes diferenciadas: o carácter (corpo, ritmo, tics, emocións, o estado mental, a situación), o acto (conflicto interno, relación público-compañiero/a, o flop, o espazo, imitación, etc) e a preparación da actuación (entrada, introducción, o pretexto, a reacción, a saída, dúo, trío, foco, etc).

B) INICIACION AO CLOWN, impartido por Antón Valen (Murcia)
Datas: 30 e 31 de xullo e 1 de agosto de 2010
Duración: 20 horas
Horario: venres de 16:00 a 20:00, sábado e domingo, de 10.00 a 14.00 h e de 16:00h a 20:00h.
Alumnado: máximo 20
Ointes: non admite
Prezo: 130 euros
Idioma: Español
Antón Valén é licenciado pola Escuela Superior de Arte Dramático y Danza (ESAD) de Murcia. Posteriormente viaxa por Europa para especializarse en diferentes facetas teatrais con Jacques Lecoq, Antonio Fava, Philippe Gaulier, Carlo Colombaioni e moitos outros grandes mestres.
Director do Curso Internacional del Comediante durante sete anos, tempo no que dirixiu varias compañías teatrais en Comedia dell´Arte e Clown. No 2002 foi seleccionado por Slava Polunin para traballar como clown no espectáculo “Alegría” do Cirque du Soléil cos que realiza unha xira mundial ata 2007. Así mesmo, crea e dirixe os novos números clownescos de “Alegría” ademáis de traballar na creación dunha escola estable: Escuela del Comediante.
Este curso de iniciación é para aquelas persoas que queiran coñecer e involucrarse no mundo do Clown e atreverse a dar os seus primeiros pasos.
Mais, antes, comezaremos a aprendizaxe desde a ruptura co ridículo, a torpeza... e aprenderemos a aceptalo. Cada ser humano ten unha faceta ridícula, case agochada pola fachenda e a presunción. Para vencermos esta barreira e convertela nun xogo, poñamos o nariz vermello que nos levará a un mundo moi particular e vexamos o difícil que é sermos sinxelos, inxenuos, vulnerables, desastrosos... E como o fracaso nos revela a nosa humanidade e o desexo de crear e recrear.
O clown é un xogo teatral que nos leva a atoparmos a espontaneidade, a liberdade de xogar e de sermos nós mesmos.

C) CLOWN PARA MULLERES, Darina Robles (México)
Datas: do 26 ao 30 de xullo de 2010
Duración: 20 horas.
Horario: de 16.00 a 20.00 h.
Alumnado: máximo 20
Ointes: non admite
Prezo: 100 €
Idioma: Español
Darina Robles, actriz e clown ten participado en varios eventos internacionais coma no Harare International Festival of the Arts (HIFA), coa obra Callate! dirixida por Cal McCrystal. Foi formada coma actriz na Escola Philippe Gaulier, París e en obradoiros de Clown con Cal McCrystal, Daniele Finzi, Jennifer Miller, Caroline Dream ou Ricardo Pucceti. Actualmente está presentando o seu novo espectaculo unipersoal de clown.
O obxectivo do curso Clown para Mulleres é explorar a base de improvisacións e da orientación mestra, sendo estas as ferramenta básicas que permitan ás participantes desenvolver a pallasa que levan dentro, aquela que fai rir e que encanta ao público. O pracer de ser unha pallasa: ser unha pallasa é divertido e está cheo de pracer. A pallasa debe ser feliz co público e debe familiarizarse co escenario, pois é o seu hábitat.

D) CURSO ZANCOS E COMICIDADE, Jose C. Illanes (Galicia)
Datas: do 26 ao 30 de xullo de 2010
Duración: 20 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 h.
Alumnado: máximo 18
Ointes: non admite
Prezo: 80 euros
Idioma: Galego e Español
Actor e músico. Licenciado en Dereito Económico, diplomado na Escola de creación teatral de Mar Navarro e Andrés Hernández, diplomado en guitarra por The Royal School of Music. Formado en zancos por Avelino González. Funda a compañía de espectáculos de rúa Zancalino Produs xunto con Fran Núñez e Aitor Rei. Traballa co Centro Dramático Galego, Uvedoble teatro, Limiar teatro, Esteoeste especialistas del amor, etc Traballa como actor en varios spots televisivos. Rexedor de público en programas de TVG. Canta e toca guitarra, percusión, gaita e didgeridoo entre outros instrumentos.
O curso está especialmente dirixido para actores/actrices, ainda que está aberto ao público en xeral. Os contidos e os obxectivos deste curso parten da base de que os zancos son unha ferramenta máis para o actor e os converte no seu escenario móbil traballando en rúa. Deste xeito, construiremos os nosos propios zancos, aprenderemos a manexalos, bailar, saltar, subir e baixar escaleiras; a como caer, cal é a relación dun zanqueiro coa xente da rúa e como interactuar con ela con xogos empregando as nosas habilidades artísticas (malabares, música, acrobacias, etc)
As asistentes a este curso poderán quedar co material co que traballarán e terán a oportunidade de participar activamente no festival realizando algunha animación de rúa onde poñer en práctica o aprendido coa axuda do mestre.

E) TEATRO XESTUAL, Elliot (Bélxica)
Datas: do 26 ao 29 de xullo de 2010
Duración: 16 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 h.
Alumnado: máximo 20
Ointes: máximo 10
Prezo: 130 euros
Idioma: Español / Francés / Inglés
Eric Jenicot, alias "Elliot", comezou a súa carreira coma clown coma educador social para nenas e nenos con problemas alá pola década dos oitenta, e foi entón cando decidiu poñer o seu terapéutico enxeño ao servizo da humanidade.
A través de xogos e improvisación, Elliot tenta axudar aos participantes a atopar o seu ser divertido. Imaxina un animal que cada persoa sente en si, un mono, un gato, unha serpe, carne de vaca, etc tentando en todo momento sentir, comer, beber e xogar coma ese animal, así como gozar dos representados polos demais participantes creando así un xardín zoolóxico, mentres aprenden a moverse, andar, correr... non é fácil, verdade? Así, con pequenos exercicios, este curso propón un profundo adestramento para o corpo: aprender a controlar a cabeza, as pernas, mans, pés, rostro, etc deixar que o corpo sinta a música e a experiencia con outras utilidades que o mestre irá descubrindo ao longo das clases.
Comentarios: O mestre recomenda asistir equipado con xoguetes e obxectos para o curso.

F) PALLASEANDO A EXISTENCIA, Iván Prado (Galicia)
Datas: do 26 ao 29 de xullo de 2010
Duración: 16 horas
Horario: de 16.00 a 20.00 h.
Alumnado: máximo 25
Ointes: non admite
Prezo: 80 euros. A recadación de este curso irá destinada á realización do Festiclown Palestina 2010
Idioma: Galego e Español
Iván Prado e portavoz de Pallas@s en Rebeldía ademais de director dos festivais: Magiclown (Ibiza), Festiclown (Festival Internacional de Clown de Galicia), Firaclown (Barcelona), Mundoclown (Galicia) e Quepasacontigotioclown. Director artístico da primeira compañía galega estable de clown, Os 7 Magníficos máis Un. Formouse xunto cos mellores mestres internacionais de clown coma Carlo Colombaioni, Leo Bassi, Philippe Gaulier ou Jango Edwards, así coma unha dilatada experiencia coma monitor de Risoterapia, o que lle deu a posibilidade de impartir infinidade de cursos de clown por toda a xeografía española.
O que esta dentro de nós brilla e resoa. A nosa risa, como o aire que transforma os pulmóns en sangue de vida, é capaz de renovarnos e abrirnos a existencia. Propoñémosvos abrazar a pallasa e o pallaso que levamos dentro nun fermoso camiño para crear círculos da risa ao noso arredor. Se aceptamos a nosa estupidez e a comunicamos co corazón prodúcese unha catarse que nos permite transmutar a dor en luz, a vergoña en paz, a mágoa en plenitude.

H) O CORPO DA RISA, Jos Houben (Bélxica)
Datas: 31 de xullo e 1 de agosto de 2010
Duración: 16 horas
Horario: de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
Alumnado: máximo 20
Ointes: non admite
Prezo: 130 euros
Idioma: Inglés
Jos Houben é actor, director e experto en formación. Adestrou na Escola Jacques Lecoq en París con Jacques Lecoq e Philippe Gaulier, Monika e Pagneux Byland Pierre. Director de teatro e comedia musical con gran demanda, traballando arredor de todo o mundo. Coma educador realiza cursos internacionais sobre o pallaso e o seu movemento nos espazos . É mestre na Escola Internacional de Teatro Jacques Lecoq en París.
Este curso procura facer sentir a dimensión humana do compromiso do artista, máis alá da estética e a virtuosidade do espectáculo. Son moitos homes e mulleres simples, fráxiles e ordinarias que contan unha historia simplemente a través dos seus corpos e a súa imaxinación.
O obxectivo xeral deste curso é a dotación de mecanismos do riso, a través da experiencia do Sr. Jos Houben, como demostrou no seu show "A arte do riso", que acadou un grande éxito.

I) INICIACION AO CLOWN (Específico para: Actrices, Actores e Estudantes de teatro), impartido por Antón Valen (Murcia)
Datas: do 28 ao 30 de xullo de 2010
Duración: 17,5 horas
Horario: 28 e 29 de xullo de 10.00 a 13.30 e de 16.00 a 19.30 h. e 30 de xullo de 10.00 a 13.30 h.
Alumnado: máximo 20
Ointes: non admite
Prezo: 130 euros
Idioma: Español
Antón Valén é licenciado pola Escuela Superior de Arte Dramático y Danza (ESAD) de Murcia. Posteriormente viaxa por Europa para especializarse en diferentes facetas teatrais con Jacques Lecoq, Antonio Fava, Philippe Gaulier, Carlo Colombaioni e moitos outros grandes mestres.
Director do Curso Internacional del Comediante durante sete anos, tempo no que dirixiu varias compañías teatrais en Comedia dell´Arte e Clown. No 2002 foi seleccionado por Slava Polunin para traballar como clown no espectáculo “Alegría” do Cirque du Soléil cos que realiza unha xira mundial ata 2007. Así mesmo, crea e dirixe os novos números clownescos de “Alegría” ademáis de traballar na creación dunha escola estable: Escuela del Comediante.
Neste curso traballará técnicas adaptadas a un grupo de alumnos de escolas de teatro, xa que foi mestre da escola superior de arte dramático de Murcia.
Comezaremos a aprendizaxe desde a ruptura co ridículo, a torpeza... e aprenderemos a aceptalo. Cada ser humano ten unha faceta ridícula, case agochada pola fachenda e a presunción. Para vencermos esta barreira e convertela nun xogo, poñamos o nariz vermello que nos levará a un mundo moi particular e vexamos o difícil que é sermos sinxelos, inxenuos, vulnerables, desastrosos... E como o fracaso nos revela a nosa humanidade e o desexo de crear e recrear.
O clown é un xogo teatral que nos leva a atoparmos a espontaneidade, a liberdade de xogar e de sermos nós mesmos.

L) INICIACION AO CLOWN (Específico para: Actrices, Actores e Estudantes de teatro), impartido por Antón Valen (Murcia)
Datas: do 26 e 27 de xullo de 2010
Duración: 16 horas
Horario: 26 de xullo de 09.30 a 14.00 e de 15.30 a 20.00 h. e 27 de xullo de 09.30 a 14.00 e de 15.30 a 18.00 h.
Alumnado: máximo 20
Ointes: non admite
Prezo: 130 euros
Idioma: Español
Antón Valén é licenciado pola Escuela Superior de Arte Dramático y Danza (ESAD) de Murcia. Posteriormente viaxa por Europa para especializarse en diferentes facetas teatrais con Jacques Lecoq, Antonio Fava, Philippe Gaulier, Carlo Colombaioni e moitos outros grandes mestres.
Director do Curso Internacional del Comediante durante sete anos, tempo no que dirixiu varias compañías teatrais en Comedia dell´Arte e Clown. No 2002 foi seleccionado por Slava Polunin para traballar como clown no espectáculo “Alegría” do Cirque du Soléil cos que realiza unha xira mundial ata 2007. Así mesmo, crea e dirixe os novos números clownescos de “Alegría” ademáis de traballar na creación dunha escola estable: Escuela del Comediante.
Neste curso traballará técnicas adaptadas a un grupo de alumnos de escolas de teatro, xa que foi mestre da escola superior de arte dramático de Murcia.
Comezaremos a aprendizaxe desde a ruptura co ridículo, a torpeza... e aprenderemos a aceptalo. Cada ser humano ten unha faceta ridícula, case agochada pola fachenda e a presunción. Para vencermos esta barreira e convertela nun xogo, poñamos o nariz vermello que nos levará a un mundo moi particular e vexamos o difícil que é sermos sinxelos, inxenuos, vulnerables, desastrosos... E como o fracaso nos revela a nosa humanidade e o desexo de crear e recrear.
O clown é un xogo teatral que nos leva a atoparmos a espontaneidade, a liberdade de xogar e de sermos nós mesmos.
PARA VER OU DESCARGAR A INFO COMPLETA DO FORMACLOWN 2010, PINCHA AQUÍ
|
|
VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS
 |
|
CONFIRMADAS AS ACTUACIÓNS DE LEO BASSI E PEPE VIYUELA NO FESTICLOWN 2010!
|
 |
|