NOVAS
Avance Catálogo 2021 12-01-2021
Rematou un ano duro para todas e esperamos moito deste novo 2021. Veña como veña, con arte será marabilloso. Se algo temos aprendido é que a cultura, o entretemento, os espectáculos... son imprescindibles. Grazas a todos/as os/as artistas que aman o que fan e seguen loitando a pesar de todo. Moitas grazas tamén a todos/as os/as que facedes posible que este catálogo continúe un ano máis.
202020: 20 anos de Cultura Activa 15-12-2020
Este ano foi o ano da pandemia, pero tamén o momento de demostrar que a cultura é segura, e de loitar por ela. Ademais, este 2020 en #Culturactiva cumprimos 20 anos de vida.
BRIÓN Inclúe 09-11-2020
A Pandemia non pode coa inclusión: Chega a terceira edición de BRIÓN Inclúe.
As persoas con diversidade funcional son protagonistas, nunha edición con horarios e programación máis adaptada aos colectivos.
202020: 20 anos de cultura de raíz 04-11-2020
20 anos de cultura de raíz, 20 anos de falar galego, 20 anos de crear dende Galicia para o universo.
202020: 20 anos de cultura de calidade 30-09-2020
En Culturactiva amamos o que facemos. Por iso levamos 20 anos esforzándonos por facer o noso traballo con rigor, compromiso e cariño.
202020: 20 anos educando na cultura alternativa 01-09-2020
Nunca antes volver ao cole foi máis necesario nin tan incerto, e dende Culturactiva seguimos apoiando o ensino público e defendendo a súa calidade.
Chega o Festaclown Vilagarcía 2020! 05-08-2020
Do 15 ao 22 de agosto Vilagarcía volverá encherse de risas e espectáculo na Praza de II República coas mellores compañías galegas e internacionais
202020: 20 anos de cultura cooperativa 03-08-2020
20 anos de economía social, de tecer redes de apoio coas artes do país, 20 anos de xestión cultural para a democracia e a participación.
Medidas de seguridade para o acceso aos espectáculos 07-07-2020
Será necesario manter as distancias de seguridade, entrar con máscara, evitar mudarse de sitio durante o espectáculo e facilitar os datos persoais.
202020: 20 anos de cultura que fai país 01-07-2020
20 anos de cultura que fai país, 20 anos sementando territorios creativos alternativos e abrazando a nosa tradición de vangarda e raigame.
Presentamos as #ConversasActivas 17-06-2020
En Culturactiva cumprimos 20 anos e queremos celebralo coas #ConversasActivas! A primeira é co noso compañeiro e socio Iván Prado.
20 anos por un país que festexe a vida 02-06-2020
Queremos un país das mil festas, das festas con causa, das festas que mudan as cousas.
Concertos Verticais: a música volve ás rúas de forma segura e divertida 14-05-2020
Dende Culturactiva I+D deseñamos novas ideas para adaptarnos á situación e manter a cultura viva en tempos de pandemia. Por iso iniciamos estes concertos de rúa itinerantes e divertidos onde o público asiste dende os balcóns e ventás.
- 1 de 7
- seguinte ›