Formulario de busca



Aspencat son un deses pouco habituais grupos que comprenden de manera intuitiva a historia recente do seu territorio e outros lares. O reggae, o ska, o dancehall e a electrónica instalada na combinación de elementos de música tradicional e de raíz son a súa marca da casa, todo enriquecido cun sistema vocal que irrompe cun abano infinito de posibilidades, desde o cant d’estil e o ragga ata o hip hop e o hardcore. O recoñecemento ao seu traballo vén tanto do público como do sector en forma de premios: Aspencat deu máis de 175 concertos desde 2013, algúns en escenarios como o Rototom Sunsplash, o Aupa Lumbreiras, o Viña Rock, o Mercat de Música Viva de Vic, o Skaville en Croacia… Do seu disco Essència tiveron 40.000 descargas, e o seu disco máis recente, Tot és ara, chegou ás 70.000 en tres días. A súa lista de galardóns é igualmente envexable: levaron o premio aos Mellores arranxos e produción e Mellor disco de electrónica de 2013 nos prestixiosos Ovidi Montllor, e foron candidatos a cinco Premios Enderrock, alzándose co de Mellor canción de pop-rock e Mellor videoclip por "Música naix de la ràbia".



Máis artistas do catálogo

Viviane

+ INFO

Ebri Knight

+ INFO

Bolboreta

+ INFO

Vaamonde, Lamas e Romero

+ INFO