Formulario de busca

The Black Barbies



The Black Barbies é unha das propostas máis orixinais e innovadoras do panorama musical actual. Esta banda de Barcelona reúne a músicos de diversas procedencias tanto estilísticas como xeográficas (España, Italia, África), motivo polo que, dende a primeira nota crean unha sensacional mestura explosiva de sons e sabores do máis extraordinaria. Coa poderosa voz de Desireé Diouf ao fronte e a dirección musical do guitarrista Oriol Riart, tamén contan coa sección de ventos e coros máis divertida e sexy de toda Barcelona. Sempre cun son fresco, pegadizo e sensual, combinan temas propios e hits versionados de todos os tempos. A ritmo de jazz, swing, soul e funk, a súa música é unha viaxe polos diferentes estilos da música negra e o pop que convida a mover o corpo, a cantar, e a gozar dun espectáculo sen igual.
Cunha estética vintage moi coidada e unha posta en escena impecable, mergullan ao público nunha entusiástica atmosfera de sorpresa, alegría e complicidade. Algo máis que un concerto The Black Barbies equivale a show dinámico e moito ritmo, unha festa de principio a fin.



Máis artistas do catálogo

Píscore

+ INFO

Guadi Galego

+ INFO

Pesdelán

+ INFO

Jorge da Rocha

+ INFO