Formulario de busca



Bolboreta é o proxecto musical de Lydia Botana, a perspectiva do mundo e da vida que ten ese verme que se arrastra, cambia despois de recapacitar e transformarse nun ser que agora voa e ve as cousas dende outro punto de vista. Lydia Botana leva toda a vida na música: pedagoga da linguaxe e educación musical, neste seu proxecto persoal pon voz, guitarra, piano e acordeón. Foi parte do conxunto poético-punk-rap Labregos do tempo dos Sputniks, como batería e acordeonista, e produce espectáculos didáctico-musicais para nenos como De aquí para alá (libro-disco con Edicións do Cumio). Pasou por festivais coma o Busker’s Festival Barcelona, Foundation Reggae Festival, Reperkusión, Castañazo Rock, Brincadeira... E colabora con La Pegatina, Xurxo Souto, Gogol Bordello, Manu Chao... Actualmente está a presentar o seu primeiro disco LP, Vuelo (Kasba Music, 2017), cunha xira pola Península, Italia, e máis alá, chegando ao Xapón, e para o 2018 estará de novo dispoñible para contratación.



Máis artistas do catálogo

Ramón Mirabet

+ INFO

Deolinda

+ INFO

Verbena Galega

+ INFO

Culturactiva

+ INFO