Formulario de busca

Caramuxo Teatro



Caramuxo Teatro é unha compañía de teatro infantil e familiar formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. A compañía naceu na Coruña no ano 2003 cunha obra especialmente deseñada para bebés, Glub Glub. Dende entón a súa produción non deixou de aumentar, con obras como Zapatos, mención especial na XXVI Muestra Internacional de Vall d'Albaida; Ñam, unha mestura de teatro e cociña; Na casa, recoñecida coa R de espectáculo Recomendado pola Rede Nacional de Teatros...

Dende os seus inicios mesturan diferentes técnicas: teatro de actores e actrices, monicreques, danza... Actualmente, ademais de continuar traballando nunha liña específica para bebés, teñen en carteleira espectáculos para público infantil e familiar, con obras destacadas como Redondo, Pavillón LinoAs fabas máxicas ou Feo! (Premio María Casares ao Mellor espectáculo infantil en 2016).

Caramuxo Teatro une uns textos elaborados a partir da experiencia educativa cunha estética coidada e unha selección musical sempre adecuada para ofrecer un resultado poético, emotivo e visual. As súas actuacións convírtense así en momentos de ocio para toda a familia.



Máis artistas do catálogo

Fanfarria Taquikardia

+ INFO

Rodríguez & Rei

+ INFO

Apatacón

+ INFO

Pedro Brandariz

+ INFO