Formulario de busca

Cía Vaya



VAYA é unha compañía de circo creada no 2016 por Tim Belime (Portugal) & Berna Huidobro (Chile), xuntos son un explosivo dúo acrobático, cheo de paixón e harmonía, cun selo artístico inspirado polo humano.

Tim Belime é un artista de circo: acróbata  e portor na técnica de man-a-man. Un nómade de toda a vida que fundou no 2010 o Trio Satchok tras formarse na escola de circo ACaPA, Tilburg-Holanda, con quen percorreu Europa. Traballou coa compañía Estropicio de Barcelona, na creación “Praxis”, no Western Australian Circus Festival como mestre de acrobacia e no festival FITICH como produtor técnico.

Berna Huidobro é actriz, equilibrista e áxil de man-a-man. Estudou teatro na Universidade Católica de Chile e na Berty Tobias de Barcelona, grazas ao cal funda en 2011 cía Giramundo, con quen percorreu Europa. Desenrólase como mestra de equilibrios verticais e cursa un máster en xestión cultural en Barcelona, traballando como produtora da cía Fura dels Baus, da Fira Tárrega e o festival FITICH.



Máis artistas do catálogo

Daboapipa

+ INFO

Oques Grasses

+ INFO

Apatacón

+ INFO

Yllana

+ INFO