Formulario de busca



Pianista e compositora, Clara Peya é considerada unha das creadoras máis orixinais e únicas que apareceron nos últimos tempos na escena musical do Estado. Unha biografía frenética que transita entre a música, o teatro e o activismo. 

Musicalmente, Peya é inclasificable: bascula entre a música de cámara, o jazz, o pop e a electrónica, mantendo sempre como centro de gravidade o piano. Ela é enerxía e sentimento en estado puro, sen deixar de lado o berro e o compromiso coa liberdade. Unha personalidade artística contaxiosa e torrencial que en directo íspese, transfórmase e espárcese por todo o escenario e máis aló. A súa forma persoal de tocar fixo que sexa considerada unha das pianistas catalás máis transgresoras e poderosas en escena.

Feminista declarada, defínese a si mesma como «inquieta, visceral, intensa e transcendente». Clara Peya foxe de tópicos e, sobre todo, cre no poder da arte para a denuncia «á miña música dígolle romántico-contemporánea ou punki-romántica». A música éo todo para ela, utiliza o piano para expresarse, ser libre e transmitir ideas.



Máis artistas do catálogo

Rilo & Penadique

+ INFO

Oquestrada

+ INFO

Carapaus

+ INFO

Circo no Ato

+ INFO