Formulario de busca


Daboapipa é unha compañía, que, malia a súa recente creación (2013), é das máis activas nos escenarios galegos: Vero Rilo e Carlos Quintá narran, cantan e musican relatos e contos. Vero Rilo conta con ampla formación e fonda experiencia como educadora infantil en Galicia e Portugal, dentro da Rede de Escolas Galiña Azul, e de aí procede a súa profesión de contadora. Tras moitas horas de contadas, argalladas e historias para “pequenas audiencias” decide profesionalizarse e contar e cantar para o público creando Daboapipa. Pola súa banda, Carlos Quintá é un dos acordeonistas diatónicos máis relevantes de Galicia. Membro fundador de Linho do Cuco, profesor de acordeón diatónico na ETRAD de Vigo, participa en numerosos proxectos musicais.



Máis artistas do catálogo

Javi Javichy

+ INFO

Verbena Galega

+ INFO

Circo Chosco

+ INFO

Leo Bassi

+ INFO