Formulario de busca



O Portugal no que Deolinda vive está moi lonxe das casas de fado cheas de fume e das rúas de azulexos que conforman a imaxinería portuguesa aos ollos dun turista. Deolinda mudaron esa antiga e amarga saudade por unha morea de cancións alegres e soñadoras, que dalgún xeito revelan as cores reais do Portugal de a pé, aínda que non teman inspirarse tamén en discos antigos de fado, de morna de Cabo Verde ou mesmo de cantautores portugueses dos setenta. Outras histórias, cuarto álbum de estudio de Deolinda, editouse no 2016. Xa Mundo pequenino lle valera á banda un Globo de Ouro, un Premio José Afonso e algunhas voltas ao mundo, confirmando así a importancia do traballo dos Deolinda para a música portuguesa.

Este, o seu traballo máis recente, foi coproducido con João Bessa e traza algúns camiños que aínda non foran explotados no repertorio e estilo da banda. Despregaron un abano sorprendente de colaboracións para enriquecer o repertorio, como Manel Cruz (Ornatos Violeta), que aparece en dueto con Ana Bacalhau no tema “Desavindos” e Riot (Buraka Som Sistema), nunha inesperada participación en “A vella e o DJ”. A Orquestra Sinfonietta de Lisboa, conducida polo Mestre Vasco Pearce de Azevedo e cos arranxos para cordas escritos por Filipe Melo, é outra das presenzas no disco.



Máis artistas do catálogo

Liniker e os Caramelows

+ INFO

Zebda

+ INFO

Rodríguez & Rei

+ INFO

Peter Punk

+ INFO