Formulario de busca

Dinamo Producións



Dinamo Producións é unha compañía creada no ano 2006 e especializada en espectáculos cómicos, tanto para público familiar como para público adulto. Na súa traxectoria, Dinamo teñen realizado montaxes de moi diferente natureza: espectáculos de rúa, animacións teatrais, pasarrúas, clown, narración oral…

Dinamo Producións conta cun elenco de artistas de recoñecido prestixio e ampla experiencia e formación, que utilizan técnicas teatrais diversas, dende o clown e o teatro ata a narración oral, sempre cunha intención clara: ofrecer espectáculos de calidade que arrinquen sorrisos e gargalladas ao público.

 



Máis artistas do catálogo

Caramuxo Teatro

+ INFO

Ebri Knight

+ INFO

Okidok

+ INFO

Guadi Galego

+ INFO