Formulario de busca

Dous son compañía


Pedro Brandariz e Fran Rei levan xuntos profesionalmente desde o ano 2001. As súas carreiras conxuntas xorden a partir dunha serie de cursos de iniciación e perfeccionamento de clown impartidos pola compañía Good Idea Company e promovidos e organizados polo Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown), dirixido por Iván Prado.

En todos estes anos, formáronse na arte do clown, o bufón e o teatro cómico baixo a imprescindible tutela do Festiclown, en cursos e obradoiros con algúns dos mestres máis prestixiosos a nivel internacional, entre os que cabe destacar a Leo Bassi, Eric de Bont, Jango Edwards ou Carlo Colombaioni.

Actualmente, Brandariz e Rei son unha compañía estable dentro do panorama teatral galego, e nestes máis de quince anos de traxectoria levan posto en escena conxuntamente uns vinte espectáculos, ademais de diversos proxectos individuais ou con outras compañías, mantendo sempre o humor e a súa peculiar comicidade como sinal de identidade. Entre as súas producións teatrais, cabe destacar Cousas de mulleres, O Gordo e o Calvo, Dous pallasos en máis apuros ou Bivalvos como galegos. Ademais, entre os anos 2012 e 2016, Pedro Brandariz e Fran Rei foron unha das parellas cómicas do programa Luar da TVG.



Máis artistas do catálogo

Mundomandarina

+ INFO

Baobab Teatro

+ INFO

ChiscaTrosko

+ INFO

Guadi Galego

+ INFO