Formulario de busca



Dulce Pontes naceu en 1969 en Montijo, Portugal. Formouse como pianista e comezou a súa carreira como cantante tras participar nunha competición na súa cidade natal con 18 anos. En 1991, ganou o festival nacional de música coa súa canción "Lusitana Paixão" (coñecida en inglés
como "Tell Me"),  coa que representou a Portugal no Festival de Eurovisión.
Pontes comezou a súa carreira como artista pop convencional, pero ao longo dos anos ten evolucionado ata converterse nunha recoñecida cantante da chamada música do mundo. Combinando o fado tradicional con estilos contemporáneos, descubriu novas formas de expresión musical.
Ao longo da súa carreira, Dulce Pontes ten colaborado con artistas tan importantes con Cesária Évora, José Carreras, Caetano Veloso, Marisa Monte, Carlos Núñez, los Chieftains, Kepa Junkera, Eleftheria Arvanitaki, George Dalaras, e Andrea Bocelli, entre outros.
Entre os premios que mereceu durante a súa traxectoria destacan, entre outros, os internacionalmente recoñecidos como o da Videográfica Española (España), Tenco (Italia), Maria Carta (Italia) e o Micrófono de Oro (España).
 



Máis artistas do catálogo

Dani García

+ INFO

Caxoto Contacontos

+ INFO

Sue Moreno

+ INFO

Smart

+ INFO