Formulario de busca



Ebri Knight vén do Maresme, unha comarca onde o mar e a montaña se unen a medio camiño entre a Selva e Barcelona. Desde o principio arráiganse ás melodías que saían do pobo catalán, aos instrumentos tradicionais e ás voces populares que soaron desde hai séculos polas rúas da Cataluña folclórica.

Beben da tradición para reinventala no seu espectáculo, para levar con toda a enerxía que poden unha música que está dacabalo entre a memoria e o proxecto, entre o pasado e o futuro, pero sempre cos pés postos ao presente.

Porque aquilo que é popular non pode deixar de ser enérxico e o folk  ten toda a forza do pobo que ten detrás e de todo aquel que quere cambiar o mundo.

É por iso que facemos a música que facemos.



Máis artistas do catálogo

Andy Snatch

+ INFO

Dulce Pontes

+ INFO

Assircópatas

+ INFO

Caxoto Contacontos

+ INFO