Formulario de busca

Experimentadanza



Experimentadanza é unha compañía de danza-teatro e inclusión social que naceu no ano 2009 na Coruña, co apoio da Concellería de Servizos Sociais. Carlota Pérez (coreógrafa, historiadora da arte e xestora cultural) encárgase da dirección artística de espectáculos que unen a persoas con e sen diversidade funcional, ata que no ano 2015 profesionaliza a compañía.

A través do traballo artístico créase unha interconexión entre todas e todos os participantes, e poténcianse as capacidades creativas de cada persoa. Non hai guión, aínda que si se traballa coa idea da Torre de Babel como motor.

O fío narrativo acompáñase de diferentes disciplinas artísticas que serven para desenvolver o talento de cada intérprete. O proxecto busca novos espazos para a comunicación e pon de manifesto como un mal uso dos nosos órganos sensoriais pode fomentar a violencia e a frialdade nas relacións humanas.



Máis artistas do catálogo

Fran Rei

+ INFO

O Sonoro Maxín

+ INFO

Aperta

+ INFO

Leo Bassi

+ INFO