Formulario de busca



Fado Violado, proxecto que mestura maxistralmente dous estilos aparentemente ben distantes, o fado e o flamenco, nace no 2008 das mans de Ana Pinhal e Francisco Almeida. O nome débese ao feito de que no proxecto non empregan a guitarra portuguesa, soamente a guitarra española (viola), pero tamén á intención de provocar os espíritos máis conservadores ou espertar a atención dos espíritos máis abertos á ironía. No seu primeiro disco, A Jangada de Pedra, os Fado Violado parten da tradición e viaxan pola Península Ibérica recreando o fado e engadíndolle a densidade do flamenco, pero sen afastarse nunca da branca, máxica, viaxeira, pero melancólica Lisboa.



Máis artistas do catálogo

Baobab Teatro

+ INFO

Carapaus

+ INFO

La mano jueves

+ INFO

Teatro Art'Imagem

+ INFO