Formulario de busca



O motor de A Feroz é, nas súas propias palabras, "dar contexto ao noso amor".

De que falan cando falan de amor?

"Amor. Amor pola verdade, polos proxectos honestos, por contar dende as tripas o que nos sucede, pola mestura das artes, de disciplinas, de ciencias, de corpos e de miradas. Esta compañía nace coa vontade clara de trascender xuntos as nosas barreiras persoais para poñer en común en escena as preguntas e todas as posibles respostas. Nacemos á vida como promesa. Todo o que temos queda depositado aí, na posibilidade infinita de chegar a ser todo o que se pode ser a través da arte."

Lolo Castro, Inés Salvado, Lorena Conde, Bea Romero e Gustavo Freire forman A Feroz, unindo as súas diferentes traxectorias para debutar con Afterparty, un “artefacto escénico” no que a letra, a música, o espazo e o movemento corporal foron desenvolvéndose á vez durante un proceso de creación interdsiciplinar. 



Máis artistas do catálogo

Brassica Rapa

+ INFO

Alas Circo

+ INFO

Yllana + Prímital Bros

+ INFO

Fado Violado

+ INFO