Formulario de busca

Foxy Freire



Foxy Freire nace no ano 2010 nas Rías Baixas, nutrida do rock de finais dos 60 e principios dos 70 (desde Jimi Hendrix, MC5, Led Zeppelin, Black Sabbath, Blue Cheer, Leaf Hound, Cream o Grand Funk Railroad, até bandas mais recentes como Queens of the Stone Age ou Fu Manchu). Durante os últimos catro anos pasaron polos escenarios das mellores salas galegas e do norte de Portugal, ofrecendo un espectáculo cheo de enerxía e puro rock and roll. Mongoose Tree é o seu primeiro EP. Tocaron nalgunha das salas máis importantes das Rías Baixas, coma o Aturuxo de Bueu, a Salason de Cangas, o Náutico e a Q3 de Ogrove, a Karma de Pontevedra, a Disco Tasca de Redondela ou a Fábrica de Chocolate, Xancarajazz, e Sala Playmobil de Vigo. Tamén no resto de Galicia: a Berlín de Ourense, coa banda galesa Bualo Summer, , o Clavicémbalo de Lugo, o Pub D’Anton na Laracha ou o Gatos de Melide, e teñen atravesado o Miño, para actuaren no Baluarte, en Monção. Actuaron tamén en festivais coma o Millo Verde 2013, Redondela; o Son Rias Baixas 2013, Bueu; o Brinca na Praza 2013, Pontevedra; o Porenarte 2011, Portonovo; o Festival Arde Rande 2011; ou o San Cidre 2010, Cangas



Máis artistas do catálogo

Culturactiva

+ INFO

Dani García

+ INFO

Lois Pérez

+ INFO

Rilo & Penadique

+ INFO