Formulario de busca

Javi Javichy



Showman. Actor. Malabarista. Javi Javichy é El Malabarista de la Pista. Cunha dilatada experiencia na realización de animacións en eventos e festivais, Javi creou a súa compañía hai máis de tres lustros. Primeiro autodidacta e despois alumno, o artista pasou diversos períodos de formación en distintas escolas de teatro e circo. Durante a súa carreira, traballou en diferentes medios, destacando as súas intervencións en programas como Un, dos, tres, ¡A leer esta vez!, Club Megatrix ou Pecado Original, e realizou máis de 5.000 funcións nos cinco continentes.

Máis aló da televisión, os festivais son a súa casa. No seu currículo conta con participacións en encontros como o Festival Internacional de Teatro de Calle de Valladolid, o Festival Internacional de Teatro de Xetafe, o Festival de Gorra ou o Festival Internacional de Teatro de Shizouka en Xapón, así como en proxectos benéficos desenvolvidos por Unicef en África. A risa é sempre o fío condutor para conseguir que o público disfrute coa súa arte, nunha longa traxectoria que segue entusiasmando a quen o ve.



Máis artistas do catálogo

Joan Estrader

Joan Estrader

+ INFO
Sue Moreno

Sue Moreno

+ INFO

Vero Rilo

+ INFO

TIAM Gz

+ INFO