Formulario de busca

La Calderona



Coproducida por Yllana e o Festival de Almagro e dirixida por David Ottone (membro tamén de Yllana), La Calderona recolle unha serie de grandes encontros e vén co aval do Premio do público ao Mellor espectáculo da Feira de Ciudad Rodrigo. Esta historia sobre o poder, a ambición e a supervivencia contada en clave de comedia escura e a golpe de hip hop xunta ao DJ Hardy Jay en escena coa actriz Natalia Calderón e un dos grandes actores galegos que traballan en Madrid, Pablo Paz. A obra viaxa constantemente nun efectivo xogo de espellos, tan barroco coma orixinal, dende o século XVII até o XXI e de volta do XXI até o XVII, impresionándonos con todos os sentidos.

 



Máis artistas do catálogo

Tchyminigagua

+ INFO

Rodríguez & Rei

+ INFO

Trópico de Grelos

+ INFO

Peter Punk

+ INFO