Formulario de busca

Margarida Mariño


Natural de Vigo comeza os seus estudos de violoncelo á idade de oito anos no Conservatorio Profesional de Música da mesma cidade con Isabel Figueroa. No ano 2008 trasládase a Barcelona para licenciarse no Conservatori Superior Liceu.

Durante a súa estancia na cidade condal comeza a súa inmersión no ámbito das músicas improvisadas e o Jazz. Tocou en recoñecidos festivais como o Voll Damm Jazz de Barcelona, Pop Arb, VallSonora ou Curtcircuit. Tras licenciarse no Consertavorio continúa a súa formación de violoncelo e contrabaixo no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra co pianista e compositor Abe Rábade. Forma parte da Asociación de Violoncellistas de Galicia Soncello e foi convidada a impartir varias charlas e obradoiros sobre improvisación libre ou o uso de pedais de efectos co violoncelo.

Recibiu clases de prestixiosos violoncellistas tales como Cristoph Coin, Barbara Switalska, Asier Polo ou Herre Jan Stegenga e tamén formou parte de distintas orquestras como a OSV430, a Real Filharmonía de Galicia e a nivel internacional a Orquestra Réssonnance en Suíza, ou A Via dei Concerti, coa que emprendeu unha xira por Italia, Francia e España con concertos entre os que destacan unha Audiencia no Vaticano de Roma ou a Feira de Exposición Univeral en Milán. No ano 2015 forma o dúo Treme xunto á cantante e guitarrista Su Garrido, galardoadas co premio Música Xove á mellor banda galega e ofrecendo concertos por distintos festivais e auditorios como o Festival de Jazz de Vigo ImaxinaSons, Festival PlayDoc, ou o Auditorio Conde Duque de Madrid. En 2017 comeza a súa colaboración co multiinstrumentista Fernando Barroso co que emprende unha xira a nivel internacional presentando o seu album para mandolina e violoncelo Silence Lovers Club. En abril de 2018 forma parte xunto ao seu irmán Borja Mariño do espectáculo Pulcinella, unha produción do Teatro Real baseada no ballet de Stravinsky. Compuxo e interpretou música orixinal para diferentes obras como o curtametraxe Quebracabezas de Nicolás Ferglez ou o espectáculo Good Luck de Alfonso Rivera. Actualmente presenta o seu primeiro traballo en solitario Cello& Electronics con gran acollida a nivel internacional.



Máis artistas do catálogo

Mar nuestro

+ INFO

Assircópatas

+ INFO

Isabel Risco

+ INFO

Baobab Teatro

+ INFO