Formulario de busca



MARINAH é o nome artístico co que se presenta Marina Abad, quen fora durante dez anos cantante e principal imaxe da banda catalana Ojos De Brujo, o combo que rompeu fronteiras musicais fusionando a rumba e o flamenco con mil ritmos chegados de aquí e de aló.

Unha vez rematada aquela aventura, que durou dende 1996 ata 2013 e deixou un feixe de luminosos discos e innumerables actuacións dentro e fora das nosas fronteiras, emprendeu unha carreira en solitario, que ata o momento deu como froito dous álbumes, “El baile de las horas” (2013) y “Afrolailo” (2017), ademais de outro longa duración compartido con Chicuelo, “Sintonías” (2015).

Na actualidade continúa a súa aventura sumándose á comunidade do Global Bass, onde se atopa cómoda mesturando elementos folclóricos e música de raíz co son da electrónica actual.



Máis artistas do catálogo

Deolinda

+ INFO

Peter Punk

+ INFO

Caxade

+ INFO

Bambolea & Alas Circo

+ INFO