Formulario de busca

Mireia Miracle



Mireia Miracle Company é a compañía da actriz, clown, directora e pedagoga homónima. É fundada en 2016 co seu primeiro traballo: ROJO, que en 2017 foi adaptado a sala co nome de ELLA.

Mireia Miracle nace en Madrid e fórmase no teatro xestual na Escuela de Mar Navarro (Jaques Lecoq) e en danza contemporánea. Tamén se forma en pedagoxía teatral e teatro social xunto a Moisés Mato no Teatro da Escoita. Ademais é directora de teatro e escritora.

Como pallasa en 2015 ten a oportunidade de traballar xunto ao clown Leandre Ribera en dous dos seus espectáculos: ICEBERG e IDEES DEL FRED. Con Iceberg estreou en Chalons dans la Rue (Francia) e xirou por toda Europa, Suiza, Austria e Israel. Esta experiencia supón unha das formacións máis destacadas en canto ao aprendizaxe do clown, o bufón e a comedia.

Actualmente ademais de xirar con ROJO e ELLA adícase a dirixir e asesorar a outros artistasnas procuras escénicas similares e a impartir obradoiros a diferentes grupos de persoas.

 



Máis artistas do catálogo

Bandullo Azul

+ INFO

Trío Refugallo

+ INFO

Leilía

+ INFO

Sergio Pazos

+ INFO