Formulario de busca

Mundomandarina


Premio do Público no Festiclown 2009 e 2015
Premio do Xurado ao Mellor espectáculo de sala no Festival Farándula

Mundomandarina é gargallada, risa, humor. E tamén arte, creación e risco. Mandarina é Laura Muñoz, que naceu en 1975 en Bos Aires (Arxentina). En 1999, tras licenciarse no Conservatorio de Arte Dramática da súa cidade natal, tropeza co clown. Ou o clown tropeza con ela. Sexa como for, o encontro prodúcese e Muñoz descobre, a un tempo, o seu gozo e o seu talento á hora de facer rir coa súa mirada sobre o mundo. Con ese espírito, instalouse no ano 2002 en Barcelona e comezou a rodar como pallasa nas tarimas catalás. No 2005 fundou Mundomandarina e dende aquela vén acumulando aplausos, ademais premios en eventos como a Mostra de Pallasos de Xirivella, o Festival Farándula de Gran Canaria, o FAST de Torredembarra ou o Festiclown, onde gañou o Premio do Público en 2009 e 2015.



Máis artistas do catálogo

Juancallate

+ INFO

Fran Rei

+ INFO

Dinamo Producións

+ INFO

Circo Chosco

+ INFO