Formulario de busca

O cego na feira



O Cego na Feira” trata de recrear esas “actuacións” que facían estes personaxes polos pobos e aldeas galegas. Oli Xiráldez como Cego e Gustavo Couto como Lazarillo, interpretan romances, crimes, mitos e historias recollidas na nosa tradición pero van un pouco máis lonxe. Aportan un toque de humor ao que foi este duro oficio na antigüidade, e crean novas historias con temas actuais que por desgraza nunca pasan de moda; tales como a política, a nova emigración etc, pero sempre dende o punto de vista irónico e sarcástico da vida. Pensado para animación de rúa, feiras, festas e todo tipo de torreiros, onde ademais de coñecer como se comunicaban as novas antes da radio, televisión e internet; tamén haberá momento para cantar, bailar e brincar.



Máis artistas do catálogo

Amparanoia

+ INFO

Ebri Knight

+ INFO

Oquestrada

+ INFO

Trío Refugallo

+ INFO