Formulario de busca



Oques Grasses é unha das formacións revelación na música catalá dos últimos tempos. Non hai fronteiras entre grupo e público, son o mesmo. Ou todo o contrario. Non é fácil definirse, alomenos coa palabra. Eles prefiren facelo no espello do escenario, cos seus espectadores como único reflexo. Aí está a verdade, alí se atopan eles, alí se recoñecen. A súa música colle forma no cara a cara co público. A súa natureza pertence á estirpe das bandas multinstrumentais, que nos poden levar a sensibilidades que agroman desde Nova Orleáns. Ou non, porque son iso ou o seu oposto. Considéranse só xente que explica o que vive e o que sente, con cancións e sen cancións. Vense como músicos, mais tamén como momentos, coma calquera e coma todos. A súa discografía está cargada de rechamantes sons e depurada técnica: só hai que escoitar Un dia no sé com (2012), Digue-n’hi com vulguis (2014), You Poni (2016) ou o recente Fans del sol (2019).



Máis artistas do catálogo

Bambolea & Alas Circo

+ INFO

Dinamo Producións

+ INFO

Assircópatas

+ INFO

Judit Neddermann

+ INFO