Formulario de busca


Entre a fin da noite e o nacer do día xorde unha revolución ben 'orquestrada'.

No cambio do século, o destino fai que Marta Miranda e Pablo se encontren á volta do camiño. Ela lisboeta, actriz durante anos, percorreu co seu canto os escenarios dunha Lisboa escondida e noctámbula: cafés, restaurantes e tascas caboverdianas onde acontecían as longas noites fadistas. Pablo medrou nos suburbios de París achegado á comunidade portuguesa, que vía partir cada verán. Un día decide acudir ao encontro do seu Portugal imaxinario, deixando atrás o contrabaixo. Que máis ten? Con catro trebellos e moito enxeño, Pablo confecciona a primeira "contrabacia" rexistrada ata a data en Portugal.

Nace entón unha aventura humana e artística que ten por esencia a memoria colectiva dun país en transición. Miranda e Pablo afástanse do rebumbio e instálanse na tranquila marxe Sur do Texo. Alí botan raíces, sempre con Lisboa no horizonte. Xuntos, Miranda e Pablo, comezan a imaxinar unha pequena orquestra ambulante. Na procura dunha guitarra portuguesa crúzanse co virtuoso João Lima. Axiña chegarán, canda el, un acordeón, unha viola e unha trompeta. E coa caravana ao completo, comezan a doutorarse en mundoloxía. Levando o escenario ás costas, Oquestrada chegan a actuar tanto en pequenos palcos coma en reputadas salas europeas. As distancias entre soños e realidades deveñen un camiño curto.

O acústico vístese de vangarda, o punk perde a vergoña de ser romántico e o fado énchese de ledicia. A música colle novos folgos, a tradición novo alento. Atlantic Beat é un soño do mundo contado á portuguesa, a banda sonora dunha vida.

 

 



Máis artistas do catálogo

Acontrabutaca

+ INFO

Daboapipa

+ INFO

La mano jueves

+ INFO

Isla Le Triska

+ INFO