Formulario de busca

Os Amigos dos Músicos



Os Amigos dos Músicos son un grupo de Ourense que fai e canta cancións en galego. Co seu primeiro disco (Os Amigos dos Músicos, Gran Derby Records, 2016) foron premiados como mellor grupo de pop nos Premios Martín Códax da Música e acadaron o nomeamento a mellor disco en galego nos Premios MIN de la Música Independiente. Tamén, a gravación foi elixida como mellor disco en galego de 2016 pola revista Mondosonoro, que tamén os recoñeceu no quinto lugar dos mellores discos do xénero folk/americana dese mesmo ano.
Dende a saída do disco, Os Amigos dos Músicos teñen percorrido os palcos de cidades e vilas galegas, así como de fóra do país, con concertos en Madrid, Bilbao, Donosti, Oviedo, Zaragoza, Valencia, en festivais como o Monkey Week de Sevilla, o Noroeste da Coruña ou o Atlantic Fest na Illa de Arousa, así como en ciclos como Os Xoves de Códax en Cambados.



Máis artistas do catálogo

Miguelillo

+ INFO

Juancallate

+ INFO

O Sonoro Maxín

+ INFO

Peter Punk

+ INFO