Formulario de busca

Pedro Brandariz



Pedro Brandariz leva media vida subido aos escenarios, ofrecendo monólogos por todo canto recuncho da xeografía galega e española hai. Mais, aínda que o asociemos coa comedia stand-up ou a tradición oral galega, detrás deste gran contador hai unha ampla formación teatral. Brandariz procede do mundo do clown, e tamén traballou en compañías escénicas de corte máis clásico e de teatro infantil. Na actualidade forma parte das compañías Os Sete Magníficos máis Un, DINAMOteatro, Teatro do Astracán ou Manicómicos, e deixou, ademais, a súa pegada noutras formacións: Desaqueloutradas, Dous son Compañía ou Clowntacontos contaron habitualmente tamén con Brandariz nas súas montaxes. Algo lóxico, vendo a súa enorme capacidade expresiva e humorística.



Máis artistas do catálogo

Brassica Rapa

+ INFO

Carapaus

+ INFO

Patty Diphusa

+ INFO

Cé Orquestra Pantasma

+ INFO