Formulario de busca

Pesdelán


Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Os espectáculos teñen unha duración aproximada de unha hora e están dirixidos a tódolos públicos. Xurde no 2008 da unión de reputados músicos, bailadores e mestres de coñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal. Sorprendeu nas festas do Apóstolo de Santiago de Compostela no 2008 facendo participar a centos de persoas, no Festival dos Abrazos da mesma cidade, en Barcelona, Quart de Poblet (Valencia), Fundao (Portugal), Festival San Froilanciño (Lugo)..

 



Máis artistas do catálogo

O Sonoro Maxín

+ INFO

Pascuala Ilabaca

+ INFO

Pablo Muñoz

+ INFO

Liniker y los Caramelows

+ INFO