Formulario de busca

Pulpiño Viascón e o Señor Lili



Marcos Aboal Vázquez, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón é un polifacético artista que forma parte dos Diplomáticos de Monte Alto e ten formado parte de grupos como Bonovo, o Jarbanzo Negro, Galegoz, Tecpilek (Frankfurt), Escupe Escapa, Os Bolechiñas, Maraya Zydeco, Pulpiño Viascón e os Instrumentos Máxicos. Ademais colaborou tocando o serrucho e a trompeta con Manu Chao no seu CD "Siberia" e con Susana Seivane. Despois do éxito do serrucho máxico trae agora unha animación de rúa itinerante para todos os públicos, A musicleta.

Fernando Pujalte Vidal: nome artistico "Lilicleta" ou "Señor Lili" Funda no ano 2003 Lili Films, produtora galega que adica o seu tempo a procura, restauración, conservación e exhibición de arquivo cinematográfico domestico e amateur nos formatos 8m e Super8. No ano 2016  presenta o proxecto da Lilicleta, unha bicicleta do ano 1966 que adicábase ao reparto de leite, convertida agora en plataforma cultural ambulante sobre rodas, dividida en distintos apartados entre eles a "Musicleta" e centrados esencialmente na Musica e o Cinema, e enfocados a todos os públicos.



Máis artistas do catálogo

Assircópatas

+ INFO

Juancallate

+ INFO

Caxade

+ INFO

Fado Violado

+ INFO