Formulario de busca

Rodríguez & Rei



O actor, cómico e director teatral Fran Rei e o actor e percusionista Félix Rodríguez unen os seus talentos na obra Desconcerto.

Fran Rei ten preto de vinte anos de experiencia no ámbito do humor, sexa na rúa, sobre as táboas, detrás delas ou mesmo na televisión. Nos últimos anos dirixiu espectáculos como SuperGalácticos (Código Morsa), Volta á maxia (Dani García), Ritmo refugallo (Trío Refugallo) ou Concerto singular (Píscore). Félix Rodríguez, pola súa banda, é músico desde os doce anos, cando comeza a súa andadura musical na escola da Banda Artística de Merza. A súa experiencia no ámbito musical combínase co seu talento como actor cómico, e ten participado en espectáculos coas compañías Culturactiva S. Coop. Galega, Trío Refugallo, Píscore e Odaiko Percussion Group ou Fantoches Baj.



Máis artistas do catálogo

Rudi Dudi

+ INFO

Píscore

+ INFO

Sumrrá

+ INFO

Oquestrada

+ INFO